Camiño a Camiño Outono do 8 ao12 de outubro

  A programación de actividades de Camiño a Camiño Outono25 (Concellería de Medio Ambiente de Vigo) entre o 8 e o 12 de outubro permite coñecer a Senda Azul do Río Lagares e achegarse á terceira ruta a carón da Depresión Meridiana: A Fracha (Pontevedra)

Domingo 12 de outubro, mañán: Percorrido por A Fracha (Pontevedra)

👀Inscrición: 150 prazas, con inscrición previa no 010 (986810260) dende o luns 6 de outubro ata o mércores 8 de outubro para empadroados. No caso de quedar prazas libres, inscrición de non empadroados o xoves 9. 

Nota: unha mesma persoa non poderá asistir a dous percorridos consecutivos de domingo (máis info AQUI)

🏁 Punto de Encontro: 8:30 naPraza do Rei, para saír as 9:00. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

🏃 Traxecto: A Fracha. Distancia: 11 km. Pendente media: 6,4/-8.3% (con forte subida ata a cima e posterior baixada acentuada). Dificultade: alta

✔  Retorno: sobre as 14-14:30h á Praza do Rei. 

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.

🗾 Trazado e alzado: 

Senda Azul do Río Lagares: actividades mércores, venres e sábado

A) Paseo Mercado de Cabral a Avda de Madrid e Volta: mércores 8 e venres 10 de outubro, a partir das 16h. Non precisa incrición previa.

B) Andaina Mercado de Cabral a Avda de Madrid e Volta sen autobús: sábado 11 outubro. Co seguinte procedemento:

👀Inscrición: 100 prazas, con inscrición previa no 010 (986810260) dende o luns 6 de outubro ata o venres 10 de outubro. Por estricto orde de chamada e inscrición compatible coa ruta do domingo.

🏁 Punto de Encontro: Mercado de Cabral, as 16h.

🏃 Traxecto: Mercado Cabral ata Avda de Madrid, con volta a Mercado de Cambral. Distancia: 9 km. Dificultade: media