Concurso Nacional «Unha Constitución para todos»

O obxecto destes premios é o recoñecemento ao alumnado dos centros docentes españois que impartan ensinos non universitarios do sistema educativo que desenvolvan traballos sobre a Constitución Española.

Trátase de estimular e promover no alumnado a reflexión achega do valor, a importancia e o papel que xoga na vida cotiá nosa Constitución.

Requisitos:
-Modalidade A. 1º e 2º curso de Educación Primaria.
-Modalidade B. 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.
-Modalidade C. Educación Secundaria Obrigatoria, Ciclos Formativos de Grao Básico, Educación especial e Educación Adultos.
-Modalidade D. Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio.
-Modalidade E. Ensinos de Réxime Especial e Ciclos Formativos de Grao Superior.
Convócase un premio por modalidade e formato.
Formatos.
a) Relatos ou poesías.
b) Proxecto coa linguaxe de programación Scratch.
c) Un vídeo que siga o formato bibliotráiler.

Dotación:
Outorgarase un diploma acreditativo do coñecemento e significado da Constitución, e un premio en especie para cada modalidade e formato por un importe máximo de 1.500 euros.

Os/as directores/as dos centros presentarán as solicitudes na forma seguinte:
Deberase cumprimentar e rexistrar o formulario de inscrición que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes: https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites e servizos».
O proceso de rexistro haberá de completarse na Sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Utilizarase un certificado electrónico das autoridades de certificación recoñecida (https://administracionelectronica.gob.es/PAe/afirma-Anexo-PSC).

Convoca: Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Dirección:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Cale Alcalá, 34.
28014 Madrid
premios.see@educacion.gob.es
 
Máis información:
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html