Os Premios Activistas polo Futuro: unha España mellor coa Axenda 2030, para o recoñecemento de actuacións e boas prácticas para a aplicación da Axenda 2030, co fin de contribuír á distinción de iniciativas, proxectos e boas prácticas que xeren impacto social, económico e ambiental, promovendo a implementación e realización da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Requisitos:
-As entidades sociais sen fins lucrativos legalmente constituídas e rexistradas.
-As universidades creadas conforme á Lei Orgánica 2/2023, do 22de marzo, do Sistema Universitario.
-As entidades que integran a economía social, definidas no artigo 2 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social.
A solicitude de participación na convocatoria deberá formalizarse mediante a presentación dos anexos dispoñibles na web do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 (https://www.dsca.gob.es/es/agenda-2030/premios-activistas-futuro).
Os anexos deberán ser asinados mediante certificado electrónico e presentados pola entidade pública ou privada que solicite, a favor de terceiros, a candidatura da entidade proposta para o premio.
Cada entidade só poderá propoñer unha candidatura nunha das catro categorías recollidas nas bases reguladoras:
(1) Pobreza e desigualdades; (2) Transición ecolóxica xusta; (3) Brecha de xéneros e discriminación cero;
(4) Territorios sostibles.
As candidaturas deberán ser presentadas a través da aplicación ACCEDA da sede electrónica do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 https://dsca.sede.gob.es/ a través da sección “Procedementos”, subsección “Axenda2030”, “Procedemento Premios activistas polo futuro”.
Dotación:
Concederanse dous premios en cada unha das categorías recollidas nas bases reguladoras de concesión dos premios:
Un primeiro premio que terá unha dotación de sesenta mil euros (60.000,00 €) cada un.
Un segundo premio que terá unha dotación de corenta mil euros (40.000,00 €) cada un.
Dirección:
Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030
Paseo do Prado, 18-20 28014 Madrid
Convoca:
Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030
Máis información:
https://www.dsca.gob.es/es/agenda-2030/premios-activistas-futuro