Convocatoria da proba en liña para a obtención do Celga 4 no ano 2025

A Secretaría Xeral da Lingua convoca por primeira vez unha proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4), no marco do proxecto piloto co que se pretende incorporar as novas tecnoloxías ao proceso de avaliación do galego.

 Requisitos

  • Ter 16 anos cumpridos ou facelos ao longo de 2025.
  • Ser nacional ou estranxeiro/a.
  • Dispoñer dun equipamento informático adecuado para realizar a proba en liña (ordenador con cámara, micrófono e conexión a internet, ademais dun teléfono móbil).
  • Realizar a inscrición electrónica tanto na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) como na plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal).

O número máximo de prazas dispoñibles é de 100.

Prazo de inscrición

O prazo será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Se o último día é inhábil, prorrógase ao primeiro día hábil seguinte.

 Taxa de exame

As persoas seleccionadas deberán aboar unha taxa de 16,92 € no prazo de cinco días hábiles desde a publicación da listaxe de admitidos/as.

 Máis información