A programación de actividades de Camiño a Camiño Outono25 (Concellería de Medio Ambiente de Vigo) entre o 29 de outubro e o 2 de novembro permite achegarse á cuarta ruta a carón da Depresión Meridiana: O Galleiro (que quedara aprazada por mal tempo) e proseguir cos paesos pola Senda Azul do Río Lagares.

Domingo 2 de novembro, mañán: Percorrido por O Galleiro (Mos)
👀Inscrición: teñen praza reservada aquelas persoas incritas para a ruta do 19 de outubro. No caso de non poder asistir, agradecemos que renuncien a ela no 010 para así pór a disposición para novas inscricións no 010 (986810260) dende o luns 27 de outubro ata o mércores 29 de outubro.
🏁 Punto de Encontro: 8:30 naPraza do Rei, para saír as 9:00. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
🏃 Traxecto: Galleiro. Distancia: 12,7 km. Pendente media: 4,8/-7,8% (con baixada acentuada ao final da ruta). Dificultade: media
✔ Retorno: sobre as 14-14:30h á Praza do Rei.
👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.
🗾 Trazado e alzado:
Senda Azul do Río Lagares: actividades mércores e venres
Paseo Mercado de Cabral a Avda de Madrid e Volta: mércores 15 e venres 17 de outubro, a partir das 16h. Non precisa incrición previa.
🏁 Punto de Encontro: Mercado de Cabral, as 16h.
🏃 Traxecto: Mercado Cabral ata Avda de Madrid, con volta a Mercado de Cabral. Distancia: 9 km. Dificultade: media

