🎶 Obradoiro de Coro: Improvisación vocal & Coro Equivibrarte
🎯 Organiza: Vigosónico
👩🏫 Imparte: Isabel Balado
📅 Data: sábado, 13 de decembro de 2025
🕢 Hora: 19:30 – 21:00
📖 Descrición:
Un taller para descubrir o poder da voz e a conexión do canto colectivo.
A través de exercicios de respiración diafragmática, afinación, percusión corporal e dinámicas grupais, aprenderás a empregar a túa voz como instrumento expresivo e creativo.
🎵 O obradoiro rematará coa montaxe dunha peza coral sinxela, un exercicio práctico onde todas as voces se unen para crear algo único.
👉 Un espazo para perder o medo, explorar o ritmo e sentir o pracer de cantar en comunidade.
2025-11-04

