Se convoca a II Edición dos Premios Sociais coa finalidade de recoñecer e premiar o traballo das persoas, organizacións e entidades que, a xuízo da Deputación de Pontevedra, destaquen polo traballo realizado na provincia en defensa dos dereitos da cidadanía, de loita contra a discriminación e de apoio aos colectivos máis vulnerables.
Os premios que se convocan están dotados cun importe total de quince mil euros (15.000,00 €)
1.Premio a toda unha vida profesional no eido social: 3.000,00 euros
2.Premio a tres entidades de iniciativa social pola súa traxectoria: 6.000,00 euros
-Primeiro premio: 3.000,00 euros
-Segundo premio: 2.000,00 euros
-Terceiro premio: 1.000,00 euros
3.Premio a tres proxectos ou iniciativas polo seu impacto social: 6.000,00 euros
-Primeiro premio: 3.000,00 euros
-Segundo premio: 2.000,00 euros
-Terceiro premio: 1.000,00 euros
Destinatarias:
Poderán ser destinatarias dos premios as persoas físicas ou xurídicas da provincia de Pontevedra que reúnan os requisitos recollidos a continuación e que desenvolvan ou desenvolvesen actuacións nalgunha das categorías previstas:
-Premio a toda unha vida profesional no eido social: persoas físicas que na data de publicación das bases estean empadroadas nalgún concello da provincia de Pontevedra.
-Premio a tres entidades de iniciativa social pola súa traxectoria: entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia con sede social ou delegación na provincia de Pontevedra.
-Premio a tres proxectos ou iniciativas polo seu impacto social: entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente con sede social na provincia de Pontevedra.
Todas as persoas físicas ou xurídicas deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Axencia Tributaria de Galicia, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
Prazo:
As candidaturas presentaranse no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Máis información:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/10/21/2025069241

