O programa “+Xuntas” 2026, unha iniciativa dirixida a promover a igualdade efectiva entre mulleres e homes a través da formación, o apoderamento persoal e a creación de redes de apoio na provincia.
O programa, que se consolida como unha ferramenta clave en materia de igualdade, está orientado a mellorar a formación básica das mulleres, favorecer a súa autonomía e impulsar a participación activa, a sororidade e a cohesión social, prestando especial atención ao ámbito rural e á loita contra o illamento social.
“+Xuntas” tamén ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía en igualdade de xénero, contribuíndo á ruptura de estereotipos e roles tradicionais e actuando como medida preventiva fronte á violencia machista. Todas as accións formativas incluirán de maneira transversal contidos en igualdade e un módulo obrigatorio de sensibilización de cinco horas.
+Info: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/12/15/2025079064

