Axudas á creación escénica 2026

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva da Axencia Galega das Industrias Culturais para o fomento da produción escénica galega en todas as súas disciplinas artísticas.

Requisitos:

  • Persoas beneficiarias: Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, sociedades civís, comunidades de bens ou unións temporais de empresas.
  • Actividade: Ter como obxecto social o desenvolvemento de actividades escénicas e desenvolver maioritariamente a actividade en Galicia.
  • Alta censual: Estar dadas de alta na epígrafe 965 da sección de actividades empresariais ou nas agrupacións da sección 3 de actividades artísticas: división 01 (teatro e circo) ou división 02 (danza).

Prazos:

  • O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes:

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  • Código do procedemento: CT403B.

Máis información: