A Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego convoca as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas sen a titulación académica requirida poidan acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3.
Requisitos:
- Ter cumpridos os 16 anos ou facelos antes do 31 de decembro de 2026.
- Non estar en posesión dos requisitos académicos de acceso habituais (ESO, Bacharelato, etc.) para os certificados profesionais, segundo o establecido na Orde do 7 de xaneiro de 2014.
Prazos:
- O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Solicitudes:
- A presentación será preferiblemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta.
- Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente nos rexistros oficiais.
- O código do procedemento é o TR306A.
Máis información:
As probas convócanse para as seguintes materias: Comunicación en lingua galega, Comunicación en lingua castelá, Comunicación en lingua estranxeira (inglés) e Competencia matemática.
- Ficha do procedemento (Sede): Acceder á solicitude
- Detalles sobre as probas e documentación: Máis información

