Probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP convoca as probas para que as persoas maiores de idade poidan obter directamente o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nas convocatorias de marzo e xuño de 2026.

Requisitos:

  • Ter cumpridos os 18 anos ou facelos dentro do ano 2026.
  • Non estar en posesión do título de graduado en ESO nin equivalente.
  • Non estar matriculado en ensinanzas de ESO ou FP Básica no curso 2025/26 (salvo alumnado de educación de adultos que solicitase a baixa no segundo cuadrimestre).

Prazos:

  • Convocatoria de marzo:
    • Inscrición: Do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026.
    • Data do exame: 27 de marzo de 2026.
  • Convocatoria de xuño:
    • Inscrición: Do 7 ao 17 de abril de 2026.
    • Data do exame: 5 de xuño de 2026.

Solicitudes:

  • A inscrición presentarase presencialmente nos centros educativos sedes das probas ou nos rexistros administrativos habituais.
  • Debe utilizarse o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta.
  • As sedes para a realización e presentación están situadas na Coruña (EPAPU Eduardo Pondal), Ferrol (EPAPU Santa María de Caranza), Santiago de Compostela (IES San Clemente), Lugo (EPAPU Albeiros), Ourense (EPAPU de Ourense), Pontevedra (EPAPU Río Lérez) e Vigo (EPAPU Berbés).

Máis información: