A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de prácticas na súa oficina de Bruxelas dirixida a persoas tituladas no eido da comunicación que desexen especializarse en asuntos europeos.
Requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou dun país membro da UE.
- Ser natural de Galicia, fillo/a de galegos/as ou residente na comunidade.
- Estar en posesión dun título universitario en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
- O título debeu obterse nos últimos 7 anos.
Prazos:
- Fin de prazo de solicitude: Ata o 12 de febreiro de 2026.
- Incorporación prevista: Marzo de 2026.
- Duración: 11 meses.
Solicitudes:
- As solicitudes deben presentarse obrigatoriamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- O código do procedemento é o PR770M.
Máis información:
- Dotación económica: 16.500 € brutos, máis gastos de viaxe e cobertura sanitaria.
- Enlace á convocatoria: Acceder á información completa

