Nova convocatoria de cursos con Certificados de Profesionalidade para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego en Galicia. Esta formación é 100 % subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, oficial e está deseñada para:
- Mellorar a cualificación profesional.
- Aumentar a empregabilidade.
- Ofrecer competencias adaptadas ás necesidades reais do mercado laboral.
Os cursos impartiranse en modalidade en liña, con sesións presenciais en:
- Vigo (Pontevedra): Travesía de Vigo nº15, 1º, 36206 Vigo.
- Lugo: Ronda da Muralla nº52, 27002 Lugo.
Combinan formación teórica e práctica e inclúen períodos de prácticas en empresas. Contan cun recoñecemento oficial que acredita as competencias adquiridas e facilita a inserción no mercado laboral.
Adxuntamos a nota informativa completa e a cartelería, que podedes compartir cos vosos usuarios/as. Lembrade que as prazas son limitadas, polo que recomendamos inscribirse canto antes.
Podédes consultar os cursos dispoñibles e solicitar praza no seguinte enlace:
https://www.cursosfemxa.es/titulosoficiales-desempleados-galicia
Para calquera dúbida ou asesoramento adicional, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co servizo de atención ao alumnado:
- Teléfono gratuíto: 900 100 957
- WhatsApp: 619 926 324
- Correo electrónico:atencionalumno@femxa.com

