🌸 Un espazo para reconectar contigo, comprender as túas feridas e transformar a dor en forza persoal.
👩🦰 Destinado a
Mulleres maiores de 18 anos que desexen:
Comprender as súas feridas emocionais
Mellorar a relación consigo mesmas e coas demais persoas
Recoñecer e reconectar coa súa forza interior, intención e autenticidade
🎓 Formadora
Laura Rodríguez Viéitez
Psicóloga e axente de igualdade
🎯 Obxectivos
💭 Tomar conciencia das feridas emocionais e dos patróns repetidos
🚫 Deixar de vivir desde o medo, a complacencia ou a autoesixencia
🛑 Aprender a poñer límites saudables e a priorizarse sen culpa
🌿 Reconectar coa intuición, co corpo e coa autenticidade
🔥 Transformar a dor en poder persoal
💜 Descrición
Desde un enfoque feminista, comprensivo e respectuoso, percorreremos xuntas un camiño cara ao empoderamento feminino que nos permita ser mulleres máis conscientes, libres e conectadas con nós mesmas.
📚 Contidos
🪞 Identificación das feridas emocionais e expresión emocional consciente
🔄 Detección de patróns relacionais e condutas de autoesixencia
💖 Construción dunha voz interna amorosa
🚧 Establecemento de límites e saída da culpa
🧘♀️ Conciencia corporal: o corpo como memoria
♀️ Soltar mandatos de xénero e reconectar co noso instinto
🌱 Integración na vida diaria: elixirse sen medo
⏳ Duración
🕰️ 20 horas · 10 sesións
📅 Calendario
🗓️ Martes
📆 Do 3 de febreiro ao 7 de abril
⏰ De 17:30 a 19:30
Proceso de inscrición:
- Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
- Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
- Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
- No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
- Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
- Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

