💜 Un espazo para recoñecer, liberar e habitar a túa voz desde o corpo, a emoción e o pracer de compartir.
👩🦰 Destinado a
Mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar.
🎵 Non é necesario cantar “ben”: abonda coa intención de explorar, sentir e gozar.
🎓 Formadora
Cristal Méndez Queizán
Mestra de canto moderno, música e arteterapeuta
🎯 Obxectivos
🌱 Fomentar o empoderamento e a propia estima
🗣️ Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo
🌬️ Incrementar a conciencia sobre o funcionamento da voz, a respiración e as sensacións corporais, mellorando tamén a saúde e o benestar
🎶 Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas de cada voz
💫 Identificar recursos persoais a través do canto e do movemento
🤝 Construír novas maneiras de relacionarnos coas demais e con nós mesmas
🧠 Aprender a autorregulación do sistema nervioso
🌊 Descubrir o potencial das sensacións e das experiencias somáticas
🌈 Promover valores de inclusión, integración e respecto pola diversidade
💜 Descrición
Empregando o canto e o movemento, exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces e corpos para recoñecernos, coidarnos e empoderarnos, ao tempo que aprendemos ferramentas de autorregulación.
O canto e o movemento son un medio, non un obxectivo, polo que non é preciso “cantar ben”. Abonda coa vontade de gozar xuntas, experimentar e expresarnos con liberdade nun ambiente seguro e respectuoso.
📚 Contidos
🌬️ Respiración e control diafragmático
🔊 Exercicios vocais
🧘♀️ Conciencia corporal e das sensacións
💃 Habilidades expresivas:
Exploración corporal do son a través do movemento e da danza
Improvisación e composición
Canto e improvisación coral
Canto e improvisación individual
Escoita consciente e activa das nosas voces
🧩 Metodoloxía
Utilizaranse recursos da musicoterapia e da danzaterapia, adaptados ás necesidades individuais das participantes, xunto coa técnica de Experiencia Somática e a Teoría Polivagal para a regulación do sistema nervioso.
A metodoloxía é participativa e inclusiva, favorecendo o benestar, a integración no grupo e a creación dun espazo seguro e respectuoso onde todas poidan expresarse e experimentar con liberdade.
⏳ Duración
🕰️ 38 horas · 19 sesións
📅 Calendario
🗓️ Luns
📆 Do 2 de febreiro ao 29 de xuño
(agás o 16 de febreiro, o 30 de marzo e o 6 de abril)
⏰ De 18:00 a 20:00
- Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
- Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
- Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
- No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
- Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
- Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

