II edición do proxecto de apoderamento feminino en saúde mental

Segunda edición do proxecto de apoderamento feminino en saúde mental: MULLERES EN ACCIÓN, subvencionado pola Xunta de Galicia.Este proxecto, nace pola necesidade específica que teñen as mulleres con diagnóstico en saúde mental de ter un espazo propio, de convivencia e único, no que se poidan sentir seguras, escoitadas, apoiadas e libres.Vanse a traballar aspectos fundamentais para mellorar a calidade de vida das mulleres con diagnóstico, para que sexan autónomas e tomen decisións sobre os aspectos que afectan á súa vida. Agúns dos temas polos que viaxaremos xuntas serán: autonomía, autoestima, apoderamento feminino, sexualidades, múltiples discriminacións e colectivo LGTBIQ+, corporalidades, identidades e expresións de xénero, feminismos e prevención e loita das violencias de xénero, sempre dende unha perspectiva teórico-práctica, onde poidan ser as protagonistas e aprendan dunha maneira lúdica, comunitaria e inclusiva.Ademais, potenciarase o manexo e uso das novas tecnoloxías, como ferramentas chave para o día a día. Por outra banda, desprazarémonos polas catro provincias galegas para facer sinerxías  con outras asociacións galegas que traballen dende unha perspectiva LGTBIQ+ e no ámbito da saúde mental. 

Esta formación vaise levar a cabo os luns e os xoves de 17:00 a 20:00 no novo local da Asociación (Torrecedeira, 66). Terá comezo o 23 de febreiro de 2026 e rematará o 13 de agosto do mesmo ano. Estará dividida en catro bloques temáticos de especial relevancia para traballar ó redor da igualdade de xénero. 

Bloque I: Abrazar a diversidade: Autonomía, autoestima e apoderamento feminino en saúde mentalBloque II: Sexualidades e múltiples discriminacións: colectivo LGTBIQ+Bloque III: Corporalidades, identidades e expresións de xéneroBloque IV: Feminismos e prevención das violencias de xéneroPara máis información contacta coa Asociación Xaruma, situada na Rúa Conde de Torrecedeira en Vigo (Pontevedra) nos teléfonos   698 14 21 58 – 986 12 79 49 , a través do enderezo electrónico igualdadexaruma@xaruma.com, ou na Páxina web