Campamentos A Lanzada 2026

Nova edición dos “Campamentos A Lanzada” para este verán.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de marzo e rematará o 20 de marzo de 2026.

O programa desenvolverase entre o 21 de xuño e o 5 de setembro, en once quendas, cada unha de sete días de duración. A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída, o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.

+Info: https://www.depo.gal/-/campamentos-a-lanzada