Nova temporada de obradoiros da Academia Vigosónico


🎸 A academia, a pleno rendemento
As clases da academia (guitarra, baixo, batería e canto) continúan con altísima participación.
📅 25 de abril — chega unha das datas máis esperadas do calendario:
🎤 Combo Vigosónico
O festival de fin de curso no que o alumnado sobe ao escenario para mostrar o seu progreso. Un evento que cada semestre reúne familias, amizades e amantes da música en directo nunha celebración do talento local.

🌱 Campus Vigosónico 26: cinco talleres para a primavera
Vigosónico presenta unha nova edición do seu programa formativo con propostas para todos os perfís da creación musical:
🎛 Obradoiro de síntese de son
Miguel Areán
📅 14 de marzo | 17:00–19:00 h
Un percorrido práctico polo mundo dos sintetizadores: formas de onda, creación sonora e técnicas creativas. Sen experiencia previa necesaria.

🚀 Como mover o teu proxecto musical sen manager nin discográfica
Ibán Marciano
📅 21 de marzo | 17:00–19:00 h
Ferramentas reais para artistas independentes: identidade, comunicación, relación cos medios e sustentabilidade profesional.

💻 Iniciación a Pro Tools Intro
Yolanda Rodríguez
📅 27 de marzo | 17:00–19:30 h
Instalación e configuración da versión gratuíta de Pro Tools para gravar na casa: primeira sesión, interface de audio, gravación e mestura básica.

🎧 Curso de Iniciación a Deejay
DJ LLxnto
📅 9, 16, 23 e 30 de abril | 19:30–21:00 h
Catro sesións para descubrir o DJing dende os seus fundamentos históricos ata técnicas de mestura e performance en directo.

🥁 Gravación de batería cun micrófono (Home Studio)
Yolanda Rodríguez (coordinadora do Departamento de Sonido EISV)
📅 10 de abril | 17:00–19:30 h
Taller 100% práctico para conseguir un bo son de batería con recursos mínimos: colocación, distancia, ángulo e escoitas comparativas en tempo real.

🎙 Nova edición de Demosónico
Vigosónico anuncia tamén unha nova convocatoria de Demosónico, o programa que abre o seu estudo de gravación ás bandas e artistas da escena local.
Unha oportunidade única para que proxectos emerxentes accedan a un entorno profesional e dean un salto cualitativo nas súas producións.

📝 Inscrición aberta
Xa están abertas as inscricións para:
🎶 Salas de ensaio (próximo semestre)
🌱 Obradoiros do Campus Vigosónico 26
🎙 Nova edición de Demosónico
A través da web de Xuventude do Concello de Vigo.
⚠️ Prazas limitadas.

Vigosónico consolídase así como un motor fundamental da creación musical en Vigo, combinando ensaio, formación e gravación nun mesmo espazo.
🎵 O 2026 soa máis forte ca nunca.