Abre o prazo de inscrición para as xornadas formativas “Feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos”

O Concello organiza los días 24 e 25 de marzo unhas xornadas de reflexión e análise sobre igualdade e feminismo que reunirán a especialistas do ámbito académico, periodístico e social. A actividade terá lugar na sala de conferencias da Sede Afundación de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 26 – 3º andar) e forma parte do programa de actos conmemorativos do 8M.
As xornadas teñen como obxectivo analizar os avances en materia de igualdade e os retos que aínda persisten, poñendo en valor as políticas públicas desenvoltas e reflexionando sobre o impacto dos discursos negacionistas da violencia de xénero. O encontro busca xerar un espazo de formación e debate sobre os desafíos actuais do feminismo e está dirixo tanto a profesionais do ámbito da educación, os servizos sociais , sanitarios ou xurídicos…, como a cidadanía interesada.
O ciclo de conferencias comezará o martes 24 de marzo ás 16:45h coa inauguración institucional. A continuación, terán lugar diversas conferencias impartidas por expertas como Ana de Miguel, profesora de Filosofía Moral e Política da UNED; Elisa García Mingo, socióloga e investigadora da UCM; María Almudena Cabezas González, profesora de Xeopolítica Feminista da UCM; Magis Iglesias Bello, xornalista e investigadora en Estudos de Xénero; e Laura Redondo Gutierrez, psicóloga experta en violencia e benestar social. Durante as sesións abordaranse temas como o estado actual do feminismo, a misoxinia contemporánea no contexto dixital, as violencias patriarcais no estado español e o análise da igualdade na sociedade actual.
As prazas son limitadas e requiren inscrición previa, enviando o formulario de inscrición a través do correo xornadas.igualdade@vigo.org. As persoas asistentes que participen na totalidade das xornadas recibirán un diploma acreditativo emitido pola Concello de Vigo.
A través desta iniciativa refórzase o compromiso do Concello coa promoción dunha cultura igualitaria e a prevención da violencia de xénero, impulsando espazos de coñecemento, diálogo e participación cidadá.
Descargar todas as imaxes

Máis información

Díptico

Formulario de inscripción