XIV Concurso de Relatos do Museo Liste de Vigo convocado co gallo da celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio).
Imaxina que un novo xénero periodístico ten xurdido e que ti es un/unha xornalista que pode relatar o que acontece no mundo como che gustaría que fose e que isto se fixera realidade: o fin dunha guerra, un descubrimento científico, un acordo sobre medidas contra a contaminación e o cambio climático, … Pois pon mans á obra e escribe o teu ARTIGO-DESEXO, non escatimes os detalles, os personaxes protagonistas, lugares, e momentos para poñernos en situación. Mestura relato e xénero periodístico creando unha especie de CRÓNICA que narre os feitos que imaxines.
+Info: https://museoliste.org/blog/wp-content/uploads/2026/02/Bases-XIV-Concurso-de-Relatos.pdf

