Festival Modo Perreo no Ifevi

Formato de festival e club, Modo Perreo reúne nun mesmo espazo a todos os amantes da música máis bailable, e xunta no mesmo escenario aos nomes máis míticos do xénero con algunhas das revelacións actuais.
Un festival sen ataduras, no que podes gozar dos artistas que marcaron a túa adolescencia, e os mellores DJ’s coa música máis actual do xénero.
Tras un ano debut de récord, con dous sold-outs consecutivos, Modo Perreo posicionouse como o maior festival de reggaetón e urbano de toda Galicia e parte do norte de España.
En definitiva, Modo Perreo é un festival para os xoves e non tan xoves. Un lugar no que poderás atopar cancións para bailar, coas que emocionarte e as de cantar a pleno pulmón.

https://entradas.modoperreo.com/es/modo-perreo/modo-perreo