Axudas para libros de texto e material escolar do curso 2026/27

Axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2026/27 nos centros sostidos con fondos públicos de Galicia.
A orde regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para a compra de libros e material escolar a través do procedemento ED330B
O programa E-Dixgal intégrase no fondo solidario de libros de texto.
Mantense a reutilización dos libros nos cursos de 3º a 6º de Primaria e en toda a ESO.
As familias poderán solicitar tamén axudas para material escolar.
Quen pode beneficiarse
As axudas están dirixidas ao alumnado matriculado en:
1º e 2º de Educación Primaria.
3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Educación Especial.
Contías das axudas
Axudas para libros de texto
Ata 240 € para alumnado de 1º e 2º de Primaria.
Ata 270 € para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo en ESO.
Ata 300 € para alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Axudas para material escolar
75 € para familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
60 € para rendas entre 6.000 € e 10.000 €.
75 € garantidos para alumnado tutelado, de Educación Especial ou con discapacidade recoñecida.
Fondo solidario de libros
O alumnado de 3º a 6º de Primaria e de toda a ESO poderá acceder aos libros reutilizados do fondo solidario segundo a renda familiar.
Terán prioridade:
O alumnado tutelado pola Xunta de Galicia.
O alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Prazo de presentación
O prazo de solicitude estará aberto desde o día seguinte á publicación da orde no DOG ata o 19 de xuño de 2026, incluído.
As solicitudes poderán presentarse:
Preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros.
Presencialmente nos centros educativos ou rexistros oficiais.
Investimento
A Xunta destinará máis de 17 millóns de euros a esta convocatoria:
2,3 millóns para o fondo solidario de libros.
5,7 millóns para axudas de libros de texto.
9 millóns para material escolar.