O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas.
Son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas individuais, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, nas cales se consiga unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 % ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %. Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire.
O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 euros.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento VI406E
As axudas poderanse solicitar ata o 7 de xullo de 2025.
Máis información no DOG do 29 de abril de 2025