Apodéra-T, programa de apoio a familias de menores trans

Arelas, Asociación de familias de menores Trans, está a trabalalr no programa Apodéra-T, servizo de apoderamento e acompañamento sociolaboral dirixido a mulleres trans de 16-30 anos, residentes en Galicia.

Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea.

O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres trans, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral

Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T, axúdase a estas mulleres na procura da mellora das condicións de vida, fomentando a autoestima e a confianza necesaria para lograr maiores niveis de autonomía, proporcionando unha formación transversal que as dote de competencias básicas, sociais e laborais que faciliten a súa inserción sociolaboral.

Participan profesionais de distintas disciplinas, legal, social, psicolóxico e sexolóxico, con información, asesoramento, obradoiros, creación de redes de apoio e acompañamento.

Para poder formar parte do programa podes contactar con Arelas a través do seu correo: arelasasociacion@gmail.com
Tamén por WhatsApp ou teléfono de 09:00-13:00 Hs e de 17:00-20:00 no 686 160 465.