Subvencións en réxime de concorrencia competitiva da Axencia Galega das Industrias Culturais para o fomento da produción escénica galega en todas as súas disciplinas artísticas.
Requisitos:
- Persoas beneficiarias: Persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, sociedades civís, comunidades de bens ou unións temporais de empresas.
- Actividade: Ter como obxecto social o desenvolvemento de actividades escénicas e desenvolver maioritariamente a actividade en Galicia.
- Alta censual: Estar dadas de alta na epígrafe 965 da sección de actividades empresariais ou nas agrupacións da sección 3 de actividades artísticas: división 01 (teatro e circo) ou división 02 (danza).
Prazos:
- O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes:
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Código do procedemento: CT403B.
Máis información:
- Teléfonos: 881 99 60 77 / 881 99 60 78
- Correo electrónico: agadic@xunta.gal
- Web Agadic: industriasculturais.xunta.gal
- Tramitación: Sede Electrónica da Xunta de Galicia

