Axudas do Programa Rehaluga

A Xunta convoca axudas de ata 8.000 € para rehabilitar inmobles do Programa de mobilización de vivendas para o alugueiro 

A Xunta de Galicia convoca axudas por un importe máximo de ata 8.000 euros para contribuír a financiar obras de rehabilitación de inmobles incluídos no Programa de mobilización de vivendas para o alugueiro, tal e como se recolle na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Os propietarios ou usufrutuarios das vivendas nas que se vaia a actuar terán de prazo para presentar as súas solicitudes desde o 5 de abril ata o 4 de novembro .

Cunha dotación global de 196.000 euros, a convocatoria deste ano do chamado Programa Rehaluga permitirá conceder subvencións por importes que se moverán entre un máximo de 3.000, de 5.000 ou de 8.000 euros en función do prezo do alugueiro e do concello no que estea localizada a vivenda en cuestión.

Entre os tipos de actuacións para as que se poderán solicitar axudas figuran as obras de conservación e mantemento dos inmobles, así como as de rehabilitación que sexan necesarias para garantir a habitabilidade da vivenda e o correcto funcionamento das súas instalacións. 

Tamén serán subvencionables os axustes na distribución do inmoble que non impliquen unha alteración substancial do mesmo; a adquisición e colocación de mobiliario de cociña e electrodomésticos; e o cambio de sanitarios, bañeira e biombos.

En todo caso, as obras anteriormente sinaladas só subvencionaranse no caso de que se realicen a partir de 4 de novembro de 2023 e sen que o seu o prazo de execución poida exceder, en ningún caso, do 30 de abril de 2025.

Enlace á Sede Electrónica da Xunta de Galicia