O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou a convocatoria das axudas e premios nacionais das Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática e Filosofía, así como as axudas para a Olimpíada Nacional de Matemática Junior, correspondentes ao ano 2026.
Persoas destinatarias
Estudantes do sistema educativo español que cursen Educación Secundaria en centros docentes españois.
Alumnado que participase na fase local da súa olimpíada e fose seleccionado para a fase nacional.
Para a Olimpíada Matemática Junior:
Estudantes de 2º da ESO matriculados en centros de Ceuta, Melilla e centros de titularidade estatal no exterior.
Seleccionados para a fase nacional tras superar a fase previa organizada pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas.
Requisitos xerais
Estar matriculado/a nun centro docente español durante o curso 2025-2026.
Solicitar a participación segundo o procedemento establecido polo Ministerio.
Resultar gañador/a da fase nacional para acceder ás axudas para fases supranacionais.
Obxecto da convocatoria
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios nacionais das Olimpíadas de Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática e Filosofía.
Dotación económica
Sete olimpíadas científicas (Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía e Informática):
1º, 2º e 3º posto: 1.000 €
4º, 5º e 6º posto: 750 €
7º ao 10º posto: 500 €
Olimpíada de Filosofía:
Dous premios de 1.000 € ás dúas mellores alumnas clasificadas.
Prazos
Os prazos de presentación de solicitudes publicaranse na web do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, unha vez celebradas as fases locais autonómicas e antes das fases nacionais.
Máis información
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
BOE
2026-02-05

