Axudas para a produción de curtametraxes realizadas en 2026

  • Organismo convocante: O Ministerio de Cultura, a través do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), convoca as axudas á produción de curtametraxes realizadas para o ano 2026.
  • Obxectivo: Apoiar economicamente a produción de curtametraxes xa realizadas, co fin de impulsar a creación audiovisual e fortalecer o sector cinematográfico.
  • Beneficiarios: Empresas produtoras independentes. No caso de proxectos realizados por varias produtoras, deberán constituír unha agrupación segundo o establecido na normativa de subvencións.
  • Orzamento total: A convocatoria conta cunha dotación global de 800.000 euros.
  • Contía máxima das axudas:
    • Ata 70.000 euros por proxecto.
    • Ata 130.000 euros por proxecto de animación.
  • Procedemento: As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
  • Prazo de solicitude: O prazo será de 15 días desde o día seguinte á publicación do extracto no BOE, e rematará ás 14:00 horas (hora peninsular) do último día.

Máis información:
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.