Axudas destinadas ao alumnado universitario do SUG para realizar cursos de idiomas no estranxeiro durante o verán de 2026 co fin de mellorar a súa competencia lingüística.
Requisitos
- Ser alumnado dunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
- Estar matriculado no curso 2025/26 nun mínimo de 50 créditos en estudos de grao.
- Ter superado polo menos 60 créditos a data de 30 de setembro de 2025.
- O curso debe ser presencial, dun mínimo de 3 semanas e 45 horas lectivas, nun país onde o idioma sexa oficial.
- Non ter sido beneficiario desta axuda en convocatorias anteriores.
Prazos
- O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
- As actividades deberán realizarse presencialmente entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2026.
Solicitudes
- A presentación será obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED416A).
- Contía da axuda: 1.200 € para estadías en Europa e 1.500 € para o resto do mundo.
- O sistema de adxudicación será por concorrencia competitiva, priorizando a nota media do expediente académico.
Máis información
- Sede Electrónica da Xunta de Galicia (Procedemento ED416A)
- Correo de consultas: orientacion.sug@edu.xunta.es
- Teléfono de información: 012

