A Secretaría Xeral da Emigración convoca 250 bolsas de excelencia destinadas á mocidade galega residente no exterior para cursar estudos de máster en universidades públicas de Galicia durante o curso académico 2026/27.
Requisitos:
- Idade e Nacionalidade: Ser menor de 40 anos, posuír a nacionalidade española e residir fóra de España (cunha antigüidade mínima de 2 anos inmediatamente anteriores á solicitude).
- Vinculación con Galicia: Acreditar a vinculación por nacemento en Galicia, por residencia continuada de 5 anos (con nacionalidade española antes de emigrar) ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia.
- Titulación: Estar en posesión dun título universitario de grao, licenciatura, enxeñaría ou arquitecturas que dea acceso a estudos de máster.
- Académicos: Será necesario matricularse nun máster dos ofertados na convocatoria (mínimo 60 créditos ECTS) en modalidade presencial ou semipresencial.
Dotación e Axudas:
- A bolsa oscila entre 8.000 € e 12.500 €, dependendo da duración do máster (60 ou 90 créditos) e do país de procedencia (Europa ou resto do mundo).
- A axuda cobre gastos de matrícula, viaxe, aloxamento, manutención e seguro médico.
Plazos:
- O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2026.
Solicitudes:
- A tramitación realízase exclusivamente por medios electrónicos.
- É necesario formular a petición a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática das bolsas.
Máis información:
- Procedemento: PR911A
- Correo de consultas: beme.master.emigracion@xunta.gal
- Web oficial e tramitación: bolsasexcelencia.xunta.gal
- Sede Electrónica: sede.xunta.gal

