Bono Cultural Mozo 2025


O Bono Cultural Mozo é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.
Se este ano cumpres 18, naciches España, tes aquí a residencia legal, ou es solicitante de asilo, desprazado temporal ou ex tutelado, tes dereito ao Bono Cultural Mozo.
Como funciona o Bono Cultural Mozo
O Bono Cultural Mozo é unha tarxeta prepago virtual para teléfonos móbiles. Se non tes un teléfono con tecnoloxía de pago, poderás pedir o teu Bono Cultural en formato físico á hora de facer a túa solicitude.
A tarxeta é persoal e intransferible, e soamente funcionará nos comercios, empresas e entidades adheridas.
Desde o momento da súa concesión, poderás usar os 400€ durante os 12 meses seguintes.
O Bono Cultural Mozo soamente funciona nas empresas que forman parte do programa.
Aínda que sexan culturais, se non están adheridas, o Bono non funcionará nelas.
Como  se emprega o bono:
A)200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais.
Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, e espectáculos taurinos.
B)100 euros para produtos culturais en soporte físico.
Por exemplo, libros, revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras, discos, CD, DVD ou Blu-ray.
C)100 euros para consumo dixital ou en liña.
Por exemplo, subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais (e-books), subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.
Convoca: Ministerio de Cultura
Dirección:
Para consultas sobre a Solicitude do Bono, o Estado de Tramitación do mesmo ou o uso da Plataforma ou App :
Teléfono: 917 40 67 93.
Email: bcj@fnmt.es
De 8:00 a 19:00 horas, de luns a venres laborables de ámbito nacional.
Excepto:  Do 1 ao 31 de agosto, que será de 9:00 a 15:00 horas.
Os días 24 e 31 de decembro que haberá horario reducido ata as 12:00 horas.
Para consultas sobre o Uso da tarxeta (activación, bloqueo, perda ou non recepción da tarxeta) ou con Métodos de pago (compra de produtos ou servizos culturais):
Teléfono: 911 23 95 69.
Email: bonocultural@correos.com
De luns a venres laborables, de 9:00 a 18:00 horas.
Máis información:
Bono Cultural Mozo
Como solicitar o Bono Cultural Mozo