Camiño a Camiño Outono do 22 ao 26 de outubro

A programación de actividades de Camiño a Camiño Outono25 (Concellería de Medio Ambiente de Vigo) entre o 22 e o 26 de outubro centrarase en Vigo: o domingo subiremos dende Castrelos polo río Barxa, afluente do Lagares, e proseguiremos, , se o tempo o permite, cos paseos pola Senda Azul do Río Lagares os mércores e os venres, a partir das 16h no Mercado de Cabral.

Circulando pola beira do río Lagares

Domingo 26 de outubro, mañán: Percorrido por o río Barxa (afluente do río Lagares)

👀Inscrición: 150 prazas, con inscrición previa no 010 (986810260) dende o luns 13 de outubro ata o mércores 22 de outubro para empadroados. No caso de quedar prazas libres, inscrición de non empadroados o xoves 23. 

Nota: unha mesma persoa non poderá asistir a dous percorridos consecutivos de domingo (máis info AQUI)

🏁 Punto de Encontro: 8:30 naPraza do Rei, para saír as 9:00. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

🏃 Traxecto: Castrelos-Río Barxa-Parque TecnolóxicoRuta. Distancia: 11,8 km. Pendente media: 5,2/-5,2%. Dificultade: media-baixa

✔  Retorno: sobre as 14h á Praza do Rei. 

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta e tentempé para media mañá.

🗾 Trazado e alzado: