Ciencia de ida e volta

A UCC+i presenta o seu quinto plan anual de actividades ‘Ciencia de ida e volta‘ para o curso 2025/2026.

Este plan conta cunha programación estable de actividades para a promoción e a difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, entre o estudantado, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral.
Con este propósito levaranse a cabo diversas accións para poñer en valor a ciencia e promover a difusión da investigación realizada na Universidade de Vigo.

Con este proxecto búscase espallar a cultura científica na sociedade, contribuír a unha ciencia máis aberta e inclusiva, involucrando a cidadanía na toma de decisións e na participación no procedemento científico.

Nesta quinta edición, trataranse novos retos, colaborando con sectores da poboación pouco habituais neste tipo de accións e cun amplo abano actividades.

Para a realización deste plan, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia e Innovación.


Máis información:
Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
986 130 263
ucc@uvigo.gal