Un curso gratuíto de emprendemento a través de WhatsApp📱Ao teu ritmo e sen morrer no intento!
🎯 A quen vai dirixido?
A mozas e mozos de 18 a 25 anos en Galicia.
Para ti, que tes unha idea dando voltas na cabeza ou simplemente curiosidade. Non precisas un plan de negocio perfecto nin ter a idea totalmente pechada. Este curso é para explorar, probar e descubrir se emprender ten sentido para ti.
Organiza: Enredadas en el Cambio coa colaboración da Xunta de Galicia
Inscrición gratuíta
📍 Que vas aprender ao longo de 5 semanas?
📍 MÓDULO 1 – “Sen faro non hai viaxe”
Descubre o teu propósito. Por que queres emprender? Traballarás coa túa historia persoal, cos teus valores e con ese “para que” que te empurra cando todo se complica.
🪂 MÓDULO 2 – “Como saltar a 10.000 pés de altura?”
Xestiona os teus medos, coñece que é a síndrome da impostora/do impostor e como afrontar o perfeccionismo paralizante. Aprende sobre fracasos intelixentes, MVP (Produto Mínimo Viable) e como dar pasos pequenos sen xogalo todo.
⏰ MÓDULO 3 – “Como chegar a todo en 24 h?”
Concentración e foco. Xestión do tempo cando sintes que non das feito. Priorizar o importante vs. o urxente.
💰 MÓDULO 4 – “Como crear diñeiro?”
Fontes de financiamento accesibles e alternativas máis alá dos bancos tradicionais.
🔹 Por que é diferente?
✨ Enfoque feminista e inclusivo: Visibilizamos referentes femininos e proxectos con impacto positivo. O éxito non é só diñeiro, é transformación social.
✨ Totalmente flexible: Só 10 minutos ao día, en WhatsApp e ao teu ritmo. Podes facelo no bus, no teu descanso, onde queiras.
✨ Práctico e reflexivo: Exercicios, casos reais, feedback constante e unha comunidade onde compartir dúbidas con outras persoas coma ti.
✨ Sen presións: Non tes que telo todo claro. Isto é para explorar, dubidar e descubrir que tipo de proxecto ten sentido para ti.
💬 Que te levas?
- Claridade sobre o teu propósito emprendedor
- Ferramentas prácticas para xestionar medos e avanzar
- Referentes inspiradores que conectan contigo
- Unha comunidade de apoio
- Coñecementos aplicables a calquera proxecto ou idea (non só negocios)

