Curso Experto en Transformación Dixital – Axentes do Cambio

Experto en Transformación Dixital – Axentes do Cambio
O curso “Experto en Transformación Dixital – Axentes do Cambio” é unha formación gratuíta dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos, financiada pola Unión Europea. Prepárate para liderar a transformación dixital nas pemes, con ferramentas prácticas para mellorar procesos e adaptar as empresas ao contorno dixital.
Ao finalizar, obterás unha titulación oficial da EOI e da SEDIA, con recoñecemento de 15 créditos ECTS.
Que conseguirás con esta formación?
Adoptar unha mentalidade dixital e innovadora, orientada ao cambio.
Comprender e aplicar metodoloxías áxiles e ferramentas colaborativas (Scrum, Kanban, Trello, Slack…).
Dominar principios clave de experiencia de cliente e deseño centrado no usuario (Customer Journey, UX).
Familiarizarte con tecnoloxías como Big Data, Business Intelligence, IA, ciberseguridade e marketing dixital.
Ser capaz de identificar oportunidades de mellora dentro dunha peme e guiar a súa evolución tecnolóxica.
Mellorar a túa empregabilidade nun contorno laboral en constante transformación.
 
Requisitos
Idade: Menor de 35 anos
Situación laboral:
– Desempregado/a
– Autónomo/a
– Traballador/a nunha PYME (de 1 a 249 empregados)
Máximo 3 persoas por empresa
Formación + experiencia:
– Titulación universitaria ou FP de Grao Superior + 6 meses de experiencia laboral (poden ser prácticas)
– Ou Bacharelato, Grao Medio ou Certificado de Profesionalidade nivel 3 + 2 anos de experiencia en competencias dixitais
Residencia:
Debe vivir en: Andalucía. Galicia: Pontevedra, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela
Compromiso:
Asistir ao 75% do curso para obter a titulación e recibir unha bolsa final de 150 €
qr