O Centro de Posgrao e Formación Permanente da UVigo ofrece un amplo catálogo de microcredenciais integrado por cursos deseñados para responder a demanda do mercado laboral de novas competencias e habilidades.
As microcredenciais son cursos breves e flexibles abertos a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e dan dereito a unha certificación dixital verificable en todo o mundo.
Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.
A maioría das formacións teñen un desconto do 70 % para as persoas de entre 25 e 64 anos, grazas á subvención da Xunta de Galicia. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Máis información:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
cpfp@uvigo.gal

