O Concello de Mos convoca o I Concurso de Poesía “Escribe un poema a María Magdalena” que nace coa finalidade de homenaxear a figura de María Magdalena, poeta renomeada de Mos, cuxo legado literario e cultural permanece vivo na nosa comunidade e dá nome á Biblioteca Pública Municipal.
Este certame busca incentivar a creación poética inspirada nas súas obras, na súa vida ou no seu impacto na literatura e na identidade local. Pretende ser unha oportunidade para que poetas a partir de 12 anos e de todos os estilos expresen, a través dos seus versos, a súa visión sobre María Magdalena, xa sexa desde unha perspectiva biográfica, simbólica ou creativa.
As obras que se presenten serán orixinais e en idioma galego.
Só poderá presentarse un poema por persoa e cunha extensión máxima de 20 versos.
Non poderán empregarse ferramentas de intelixencia artificial para redactar total ou parcialmente os poemas.
Os poemas non poderán ter sido publicados en ningún formato ou soporte (páxinas web, blog, etc), nin total nin parcialmente, nin estar pendente de veredicto noutros concursos, ou a espera de resposta dun proceso editorial.
Establécense dúas categorías para participación:
– Categoría A : Xuvenil (de 12 a 17 anos)
– Categoría B : Adultos (de 18 anos en diante)
As persoas participantes terán ata o 9 de maio para entregar o seu poema.
Premiarase ao mellor poema escrito en lingua galega en cada unha das seguintes categorías un premio de:
Categoría A : Xuvenil (de 12 a 17 anos)
– 1º premio: Diploma acreditativo, 300 €, lote de exemplares das obras escritas por María Magdalena.
– 2º premio: Diploma acreditativo, 200 €, un lote de libros.
Categoría B : Adultos (de 18 anos en diante).
– 1º premio: Diploma acreditativo, 300 €, lote de exemplares das obras da poetisa María Magdalena.
– 2º premio: Diploma acreditativo, 200 €, un lote de libros.
Así mesmo, o xurado poderá entregar accésits en ámbalas categorías a aquelas obras que estimen que pola súa calidade merezan recoñecemento, entregando un diploma acreditativo a tal efecto.
Máis información no BOP de Pontevedra do 29 de abril de 2025