⚖️ Ferramentas prácticas para incorporar a perspectiva de xénero no traballo educativo e comunitario.
👥 Destinado a
Monitorado de animación sociocultural ou de ocio e tempo de lecer.
🎓 Formadora
Cristina Rodríguez Ramos
Experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades
🎯 Obxectivo xeral
Incorporar a perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos do tempo libre e do lecer.
📚 Contidos
🧠 Introdución á perspectiva de xénero
Conceptos básicos e consecuencias da socialización diferenciada
🎒 Transversalidade no tempo de lecer: coeducación
Educar en igualdade e educación non sexista
🗣️ Elementos clave para a planificación coeducativa:
Comunicación (linguaxe e imaxes)
Materiais didácticos
Habilidades sociais
🚨 Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista
🧩 Metodoloxía e modalidade
💻 En liña en directo – parte teórica (20 horas)
A través de Google Classroom e Google Meet.
Sesións baseadas na exposición de contidos mediante documentos, vídeos e outros recursos.
🏫 Presencial – parte práctica (5 horas)
Na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20)
📆 Días 12 de marzo e 9 de abril
⏳ Duración
🕰️ 25 horas · 10 sesións
📅 Calendario
🗓️ Martes e xoves
📆 Do 3 de marzo ao 9 de abril
(agás o 19 de marzo e o 2 de abril)
⏰ De 19:00 a 21:30
📜 Acreditación
📄 Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso.
Para obtelo será necesaria unha asistencia e aproveitamento mínimo do 80 %.
- Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
- Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
- Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
- No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
- Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
- Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

