Formación subvencionada en Galicia

A continuación recóllense distintas accións e programas de formación subvencionada dirixidos a persoas desempregadas, ocupadas e a diferentes colectivos, promovidos por organismos públicos e entidades de referencia.

Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas

Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras
desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia.


Acceder ás accións formativas

Accións formativas para persoas ocupadas e desempregadas

Organismo: Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE)

Accións formativas dirixidas a diferentes colectivos en activo e en situación de desemprego,
tanto presenciais como a distancia. Inclúe cursos en competencias dixitais.


Buscador de cursos FUNDAE

Accións formativas en materia de prevención de riscos laborais

Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Dirixidas a diferentes colectivos en materia de prevención de riscos laborais.


Formación en prevención de riscos laborais

Accións formativas en materia de novas tecnoloxías

Organismo: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Accións formativas dirixidas a diferentes colectivos no ámbito das novas tecnoloxías.


Cursos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

Actividades formativas en alfabetización dixital e emprendemento

Organismo: Centros para a modernización e inclusión tecnolóxica (CEMIT)

Actividades formativas dirixidas a diferentes colectivos no ámbito da alfabetización dixital
e do emprendemento.


Actividades formativas CEMIT

Programa de formación dixital para mozos desempregados

Organismo: Fundación Telefónica

Programa de formación en profesións dixitais para persoas desempregadas.
Formación gratuíta dirixida a mozos e mozas entre 18 e 35 anos con interese pola formación dixital.


Programa Conecta Emprego

Formación Dixital

Organismo: Xunta de Galicia

Programa gratuíto para desenvolverse no mundo dixital, cunha formación flexible e adaptada ao teu ritmo.


Acceder á Formación Dixital