Deputación Provincial de Pontevedra – Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos
Obxectivo:
Fomentar a creación dramática en lingua galega, apoiar o talento literario local e rendir homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75.º aniversario do seu pasamento.
Dirixido a:
Persoas doutros maiores de idade que presenten obras de teatro en lingua galega, inéditas, non premiadas nin representadas anteriormente, e que declaren que a obra non foi xerada mediante intelixencia artificial.
Prazo de presentación de solicitudes:
- Inicio: 12 de xuño de 2025
- Fin: 31 de outubro de 2025
Dotación:
Un premio único de 12 000 €, que inclúe os dereitos da primeira edición (ata 800 exemplares) e da edición dixital durante cinco anos. A contía estará suxeita a retención no IRPF conforme á normativa vixente.
Publicación:
BOPPO nº 110 — mércores, 11 de xuño de 2025