Lingua de namorar 2026

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e mais pola Secretaría Xeral da Lingua, é dinamizar o uso da lingua galega entre as mozas e mozos nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos), só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso:http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

  • 1º Lenovo Tab 11 ́ ́ con lapis
  • 2º Libro electrónico Kobo Clara
  • 3º Cascos JBL sen fíos

Establécese un premio para a categoría C:

  • 1º Lenovo Tab 11 ́ ́ con lapis

Consulta toda a información sobre o programa aquí