LXI Concurso exposición internacional da camelia organizado polo Concello de Vigo

O Concello de Vigo está a organizar o LXI Concurso-Exposición Internacional da Camelia, que lle corresponde organizar á cidade de Vigo, e que terá lugar os días 7 e 8 de marzo de 2026, na Porta do Sol de Vigo.

Este concurso vense organizando rotativamente polas cidades de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo e ten como finalidade resaltar a camelia e a cultura botánica que se desenvolve ao redor deste arbusto característico das Rías Baixas e norte de Portugal.

+Info: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/02/12/2026006642