Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade

Programa educativo Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade, que contempla  250 obradoiros formativos dirixidos ás familias co fin de proporcionarlles ferramentas e coñecementos que lles permitan acompañar e orientar aos seus fillos no uso seguro, responsable e proveitoso das tecnoloxías no ámbito familiar e lúdico.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)abren a convocatoria para que os centros educativos se adhiran a este programa que consiste nun obradoiro, de carácter eminentemente práctico, no que se abordará a xestión  e responsabilidade dos dispositivos electrónicos e das redes sociais que habitualmente empregan os menores.

Os centros teñen de prazo ata o día 25 de novembro para presentar as solicitudes a través do enderezo asesoria.participacióneducativa@edu.xunta.gal.

Menores conectados está dirixido ás familias de alumnos de entre 10 e 18 anos, que poden participar nos obradoiros a través do seu centro educativo de referencia.

Os obradoiros, a razón de un por centro, desenvolveranse entre decembro deste ano e xuño de 2026.

Trátase de formacións presenciais de hora e media de duración para grupos de entre dez e 50 persoas, que impartirán especialistas.

Máis información:
https://educacioneciencia.xunta.gal/portada