Obradoiro Feminismo e empoderamento: menos bulos e máis historia

Coñecer a historia para desmontar mentiras, fortalecer o pensamento crítico e construír igualdade.

👥 Dirixido a
Mulleres e homes maiores de 18 anos con interese en:
Coñecer a realidade do feminismo
Reflexionar e desmontar mitos e bulos
Acceder a información rigorosa e contrastada

🎓 Formadora
Raquel Bernárdez Rodal
Axente de igualdade

🎯 Obxectivos
🧠 Desmontar mitos e bulos arredor do feminismo mediante información veraz e contrastada
📜 Achegar unha visión clara e accesible da historia do movemento feminista
👩‍⚖️ Visibilizar o papel das mulleres nas conquistas de dereitos sociais e políticos
🔍 Fomentar o pensamento crítico fronte aos discursos antifeministas
💪 Reforzar a autoestima e a autonomía persoal das participantes
💬 Crear un espazo seguro de diálogo, escoita e apoio mutuo entre mulleres
🤝 Promover a participación activa na vida social e comunitaria
🌱 Favorecer a construción de redes de apoio no ámbito local
⚖️ Impulsar valores de igualdade, respecto e xustiza social

📚 Contidos
🏺 Introdución ao feminismo e primeiros pasos históricos (Antigüidade – Idade Media)
💡 Liberdade para quen? A gran contradición da Ilustración (século XVIII)
🗳️ Votos, pancartas e cárcere: a loita sufraxista
🏭 Feminismo obreiro e primeiras loitas
📖 Un cuarto propio: pensar a independencia
📢 O persoal é político: organización e diversificación do movemento
🌍 Feminismo do século XXI
🚀 Empoderamento persoal e colectivo a partir da historia do feminismo: do cartel ao hashtag

Duración
🕰️ 12 horas · 8 sesións

📅 Calendario
🗓️ Venres
📆 Do 13 de marzo ao 15 de maio
(agás o 3 de abril)
⏰ De 18:00 a 19:30

  • Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
  • No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
  • Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.