😂 Un espazo para xogar, crear, equivocarse e rirnos xuntas desde o humor e a liberdade.
👩🦰 Destinado a
Mulleres maiores de 18 anos que queiran:
Explorar a súa creatividade
Divertirse e descubrir o teatro cómico
Expresarse con liberdade nun ambiente seguro
🎬 Non é necesaria experiencia previa en teatro.
🎓 Formadora
Arantxa Treus
Cómica, actriz e mestra de cerimonias
🎯 Obxectivos
🤡 Perder o medo ao ridículo e relativizar os erros
(o obxectivo non é “facelo ben”, senón xogar, probar, equivocarse e rirnos xuntas)
🎭 Fomentar a expresión artística e o empoderamento das mulleres a través do teatro cómico
🌟 Potenciar a creatividade, a autoestima e a voz propia
✍️ Crear material escénico colectivo a partir de experiencias persoais
💬 Descrición
Obradoiro práctico de creación teatral dirixido a mulleres, centrado no uso do humor e a comedia como ferramentas de expresión, crítica social e empoderamento.
O curso propón un achegamento vivencial e lúdico á escena, coa comedia como eixo central e co xogo e a improvisación como ferramentas fundamentais. A través do humor, a risa e a experimentación, exploraremos o corpo, a voz e a expresión emocional nun ambiente seguro e libre de xuízo.
O proceso culminará cunha mostra escénica colectiva, creada polas participantes a partir das súas propias experiencias e miradas.
📚 Contidos
🎤 A improvisación cómica
👂 Dinámicas de desinhibición e escoita
🎲 Xogo teatral e improvisación
🎭 Ferramentas cómicas: ironía, esaxeración e inversión de roles
💥 Espontaneidade, creatividade e confianza
⏱️ O gag: ritmo, pausa e sorpresa
📝 Transformar vivencias en material escénico
⏳ Duración
🕰️ 20 horas · 10 sesións
📅 Calendario
🗓️ Mércores
📆 Do 18 de marzo ao 20 de maio
⏰ De 18:00 a 20:00
- Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
- Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
- Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
- No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
- Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude. Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
- Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

