Proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4

Publicada a data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) correspondente ao ano 2025.

Segundo se recolle na Resolución do 7 de novembro de 2025, a proba terá lugar o 5 de decembro de 2025, dando así continuidade á convocatoria publicada o pasado 8 de outubro (código de procedemento PL500G).

A proba comezará ás 9.00 horas, cunha duración máxima de tres horas para a parte escrita e trinta minutos para a parte oral.

De acordo co establecido na convocatoria, a Secretaría Xeral da Lingua remitirá con antelación suficiente as instrucións que deberán seguir as persoas seleccionadas para a correcta realización da proba.

Toda a información estará dispoñible no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Lingua: https://www.lingua.gal

📅 Data da proba: 5 de decembro de 2025
🕘 Hora de inicio: 9.00 h
📍 Modalidade: en liña