A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca as probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado galego de competencias dixitais – nivel Iniciación (ComDix-Iniciación).
Esta convocatoria foi aprobada mediante a Resolución do 27 de agosto de 2025 e publicada no DOG Núm. 174 do 10 de setembro de 2025.
1. Datas e realización das probas
As probas realizaranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025, nos centros CeMIT dispoñibles, segundo o calendario detallado no anexo II da resolución.
2. Itinerario formativo
Para facilitar a preparación das probas, dispón dun programa de autoformación composto por 7 cursos online:
Empezamos! – Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
ComDix Iniciación I – Coñece a contorna dixital.
ComDix Iniciación II – Información dixital: buscar, seleccionar e gardar.
ComDix Iniciación III – Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.
ComDix Iniciación IV – Participa na sociedade dixital; vantaxes da administración electrónica.
ComDix Iniciación V – Crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.
ComDix Iniciación VI – Atopa o benestar dixital: tecnoloxía con “sentido”.
Os contidos están permanentemente dispoñibles na plataforma de formación telemática: https://formacion-cemit.xunta.gal.
3. Inscrición e prazos
Poden inscribirse persoas maiores de 16 anos a través da páxina web da Rede CeMIT: https://cemit.xunta.gal.
Previamente, é obrigatorio darse de alta como usuario ou usuaria na plataforma https://aulascemit.xunta.es/usuarios, empregando un correo electrónico persoal.
O prazo de inscrición é de 14 días naturais contados desde o día seguinte á publicación no DOG (10 de setembro de 2025). Se o último día é inhábil, prórgase ao primeiro día hábil seguinte.
4. Selección e sorteos
Se hai máis solicitudes que prazas dispoñibles, seleccionaranse as persoas inscritas a tempo por medio dun sorteo público informático, seguindo a orde de rexistro. O número asignado a cada solicitude determinará a adxudicación da praza.
5. Publicación de listas e tramitación
Publícanse as listaxes provisoria e definitiva de admitidas e excluídas (e a lista de reservas) no sitio web da Rede CeMIT.
As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmando a súa selección e dispoñen de 10 días naturais para renunciar á praza ou presentar alegacións. A renuncia debe facerse por correo electrónico a formacion-cemit@xunta.gal .
Tras este prazo, publicaranse as listaxes definitivas e abrirase un período extraordinario para cubrir prazas vacantes para aquelas persoas que figuren nas listaxes de reserva.
Contra a listaxe definitiva pódese presentar recurso de alzada no prazo dun mes desde a súa publicación.
DOG 174
2025-09-10