A finalidade destas axudas é a de apoiar a aquelas persoas e familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar unha determinada situación de emerxencia social relacionada coa súa vivenda, coa alimentación básica das persoas integrantes da unidade familiar/de convivencia e outras situacións debidamente acreditadas de necesidade que, de non ser atendidas, poderían derivar en marxinalidade ou exclusión social.
No caso das axudas de transporte (“bono-taxi”), a finalidade é favorecer o desprazamento na cidade, mediante a utilización do servizo público de taxi, a aquelas persoas afectadas de graves dificultades de mobilidade e que non poden utilizar o transporte público colectivo.
O prazo de presentación será desde o día 27 de decembro de 2025 ata o 31 de decembro de 2026

