Programa Culturea

Programa de apoio á promoción cultural dirixida a agrupacións e asociacións sen fins de lucro, así como a entidades locais menores da provincia de Pontevedra. A convocatoria conta cun orzamento inicial de 1.200.000 euros, ampliable ata 100.000 euros máis, en función da demanda.

O programa ten como obxectivo fomentar o acceso á cultura popular galega e apoiar a realización de actividades culturais abertas ao público e de balde ao longo de todo o ano 2026, abrangendo disciplinas como a música, o teatro, a danza, as artes visuais ou a difusión do patrimonio cultural.

As entidades beneficiarias poderán solicitar actuacións de grupos, artistas e compañías incluídas no Catálogo Culturea, dispoñible na web da Deputación de Pontevedra. Este catálogo, creado en 2019 e actualizado periodicamente, recolle unha ampla oferta de propostas culturais da provincia. Só no ano 2025, o programa permitiu autorizar máis de 3.500 actuacións, contribuíndo á dinamización cultural e económica do territorio.

+Info: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/12/16/2025080773