Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en 22 espazos naturais da Comunidade. Esta iniciativa gratuíta ofrece un completo programa de actividades que impulsan o respecto e o coidado por un dos grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural.

Nesta quinta edición da iniciativa, posta en marcha polas Consellerías de Cultura, Lingua e Xuventude e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ampliaranse os espazos naturais incluíndo as Paisaxes Protexidas e Humedais Protexidos. Serán un total de 28 actuacións que se levarán a cabo as fins de semana desde o 23 de maio ata o 12 de outubro. A primeira cita será no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e na Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais.

Espazos naturais

Están programadas accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas (Illa de Ons, Cíes e Cortegada); nos Parques Naturais (Baixa Limia- Serra do Xurés, Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Fragas do Eume); Monumentos Naturais (A Carballa da Rocha, Pena Corneira, Souto de Rozabales, Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, A Fraga de Catasós); Paisaxes Protexidas (Penedos de Pasarela e Traba, Val do río Navea) e Humedais Protexidos (Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais, Complexo intermareal Umia -O Grove (A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira), Ría de Ortigueira e Ladrido, Lagoa e Areal de Valdoviño e Lagoa de Cospeito.

Os escenarios serán, polo tanto, 22 espazos naturais que compoñen o rico patrimonio natural de Galicia.

As actividades das persoas voluntarias participantes centraranse na preservación, limpeza e conservación destes espazos, eliminación de lixo de praias, ríos e montes, sensibilización, coñecemento dos ecosistemas, visibilización mediática de rutas e análise de todas aquelas actuacións con posible incidencia no medio natural continental desde un punto de vista técnico, detectando os distintos efectos e/ou impactos ambientais. O programa procura fomentar a cooperación e a solidariedade desinteresada desde unha perspectiva interxeracional entre persoas maiores e novas, nun marco de convivencia e intercambio de vivencias neste específico ámbito de actuación, poñendo especial atención nas contornas rurais e as posibilidades que ofrecen desde esta perspectiva para a mellora do asentamento poboacional.

A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (transporte desde Santiago de Compostela no caso dos Parques Naturais, Monumentos Naturais, Paisaxes Protexidas, Humedais Protexidos e barco no caso dos Parques Nacionais), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. Cada participante deberá levar os seus útiles de aseo persoal, así coma calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición comezará o 15 de maio ata completar as quendas.

Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.

Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.

Inscrición

As persoas interesadas en inscribirse nesta quinta edición do Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional poden facelo a través do espazo habilitado na páxina web www.voluntariadogalego.org. Os únicos requisitos para participar neste programa autonómico son: ter cumpridos os 18 anos, residir na Comunidade Autónoma de Galicia e cumprimentar o formulario que se atopa na páxina web.

 Espazo NaturalPrazasData
1Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán15do 23 ao 25 de maio
2Ría de Ribadeo e Praia das Catedrais15do 23 ao 25 de maio
3Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia lla de Ons10do 30 de maio ao 1 de xuño
4Parque Natural O Invernadeiro15do 30 de maio ao 1 de xuño
5Complexo intermareal Umia -O Grove ( A Lanzada, punta Carreirón e Lagoa Bodeira)15do 06 ao 08 de xuño
6Parque Natural Serra da Enciña da Lastra15do 06 ao 08 de xuño
7Ría de Ortigueira e Ladrido15do 13 ao 15 de xuño
8Parque Natural Monte Aloia15do 13 ao 15 de xuño
9Monumento Natural A Carballa da Rocha15do 20 ao 22 de xuño
10Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán15do 20 ao 22 de xuño
11Parque Natural Fragas do Eume15do 27 ao 29 de xuño
12Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes10do 27 ao 29 de xuño
13Monumento Natural Souto de Rozabales14do 04 ao 06 de xullo
14Monumento Natural A Fraga de Catasós15do 04 ao 06 de xullo
15Pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós15do 11 ao 13 de xullo
16Monumento Natural Pena Corneira15do 11 ao 13 de xullo
17Val do río Navea15do 01 ao 03 de agosto
18Parque Natural Fragas do Eume15do 05 ao 07 de setembro
19Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia Illa de Cortegada10do 05 ao 07 de setembro
20Parque Natural Serra da Enciña da Lastra15do 12 ao 14 de setembro
21Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes10do 12 ao 14 de setembro
22Parque Natural Monte Aloia15do 19 ao 21 de setembro
23Lagoa e Areal de Valdoviño15do 19 ao 21 de setembro
24Penedos de Pasarela e Traba15do 26 ao 28 de setembro
25Parque Natural O Invernadeiro15do 26 ao 28 de setembro
26Lagoa de Cospeito15do 03 ao 05 outubro
27Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés15do 03 ao 05 outubro
28Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés15do 10 ao 12 de outubro